viernes, 5 de febrero de 2010







CONTO DO NADAL PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE CUARTO DO CEIP OTERO PEDRAIO DE RÁBADE

Jessica.-

- O ceo está craro coma un cristal, está cheo de estrelas e entre elas reloce a estrela do leste. Fóra,á porta da súa casa,está sentada nunha pedra unha nena envolta nun abrigo demasiado grande pra ela e toca a súa frauta de pastora.Dentro da casa a súa nai traballa nos labores da casa.

( Soa a frauta)

Alma.-
- ¡María, María!

María.-
- ¿ Que ?
Alma.-
- É hora de irse pra cama.
María.-
- Xa vou.
Alma.-
-¡María!
María.-
- Xa vou.
Alma.- ¿Cantas veces teño que chamarte para que me obedezas?.
María.-Vou agora mesmo, mamá
Alma.- Anda axiña.
María.-
- Pero mamá, ¡ deixame quedarme un pouquiño máis!.
Alma.-
-Fai un vento moi frío.
María.-
- Pero tápome con este abrigo.
Alma.-
-É tarde.
María.-
- Pero a lúa aínda non saiu.
Alma.-
-Non haberá lúa esta noite.
Pero a miña nena ha chorar enseguida se non me obedece.
María.-
- Bueno,bueno...
Jesica.-
- María levántase de mala gana,colle a súa muleta,e entra coxeando dentro da casa. Colga o seu gorro de pastora e o abrigo na percha ó lado da porta. Pousa a frauta coidadosamente nun rincón.
A nai arrodíllase diante do lume para avivalo.

Alma.-
- ¿Que facías aí fóra?
María.-
-¡Ai madre, deberías sair pra velo!.O ceo nunca estivo tan guapo.Tódalas súas lanternas están acesas,tódalas antorchas están ardendo e o seu solo escuro brila coma un cristal.
Hai unha estrela grande coma unha ventá,
e esa estrela ten un rabo que atravesa o ceo coma un carro en chamas.

Alma.-
-¡Oh,María!,¿Cando deixarás de mentir?
Andas soñando todoo día.
Aquí estamos sin comida, sen estelas pro lume e non sabes facer outra cousa mais ca darme a lata.

María
.-
-Non che estou mintindo mamá, sae fóra e comprobao tí.

Alma
.-
- Deixa de molestarme.
Cada día inventas un conto novo.
Primeiro foi un lobo con cabeza de muller.Despois unha póla dunha árbore que sangraba e agora é unha estrela grande coma unha ventá.

María
.- Pero está alí...

Alma.-
-Anda,cala, que non fas máis ca soñar...toma o leite e vai deitarte....

(mentras que María colle o leite chaman á porta)

Alma.- ¡María,mira a ver quen chama!
(María vai á porta, mira quen hai e volve correndo)
María.- Ven, ven correndo, anda axiña.
Alma.- ¿Que pasa agora? ¿Que pasa?.
María
.- Ven , que quero que me digas se ves o mismo ca min.
Alma.- ¿Que é?
María.- Madre... na porta hai... un rei con unha coroa e todo.
Alma.- Bueno, bueno.
María.- Mellor dito, hai tres reis e un é negro.
Alma.-¡ Non me digas!
María.- Sí.
Alma.- Está ben,dilles que entren.
María
.- (vai á porta e entran os reis, a nai está laboreando de espaldas,dase a volta e desmaiase).
Rei.-
-¡Pobre señora,¿Que lle pasou?
María
.- E que non me cría cando lle contei que estaban vostedes na porta.
(os outros reis atenden á señora que pouco a pouco escomenza a volver en sí).
Alma.- Boas noites maxestades, ¿Deus mío! ¿que veñen facer a unha casa tan humilde?
Rei.-
- Imos de paso boa señora. ¿Non se percatou que esta noite no ceo aluma unha estrela que brila moito cunha grande cola?. Nestes momentos perdémola de vista por iso nos detivemos, e de paso, descansamos un pouco.

Alma
.- ¡Ai,Deus!,díxomo a nena pro como lle gustan tanto os contos non llo crín.

Rei
.-
- Pois esa estrela anuncia que naceu o rei de tódolos reises, que vén a enseñar ó mundo humildade, paz e amor.
Nos seguimos a esa estrela porque hanos de levar xunto do Neno para poder adoralo e levarlle uns regalos.

María
.- Eu tamén quero ir.....
Levareille a miña frauta...
non teño nada máis....
Rei.- Por ese xesto o Neno Deus seguro te ha de premiar....
(a nena vai cara á porta )
Rei.- Mire señora,mire pola venta....
Alma.- ¡Oh, nunca vira nada igual!
Un milagre debe estar pasando
eu tamén quero ir alá.
¿En donde din que naceu?
Rei.- En Belén de Xudá.
María.-(volve feliz)
- Mamá imos correndo,imos aló.....
Alma.- Dirémosllelo a todos....
¡será mellor ilo cantando...
En Belén naceu un neno
tan branquiño coma prata
e roxiño como ouro
coma máis fina escarlata.

No hay comentarios: